O Congreso Rosalía no século XXI volta mañá á sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela, na suá segunda xeira. A biografía de Rosalía, a súa dimensión autorial, a significación da creadora na súa época e mais o imaxinario creado a partir da súa vida e obra serán o eixes do encontro, que contará coa presenza de investigadoras como Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, Pilar García Negro, María do Cebreiro ou María López Sández entre outros especialistas. A xornada inclúe tamén un recital de nove poetas galegas a partir de textos da homenaxeada, a coincidir coa celebración do Día Mundial da Poesía. Todos os actos retransmitiranse ao vivo pola rede.