Sophia's last ambulance gaña o Play-Doc

O filme de Ilian Metev foi escolleito polo xurado desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O documental Sophia's last ambulance, dirixido por Ilian Metev, foi escolleito polo xurado como o mellor filme da edición do festival Play-Doc de Tui. A gañadora do evento, que finalizaba onte, narra o día a día dos traballadores dunha ambulancia na capital de Bulgaria, e xa fora recoñecido co premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes. Segundo explicaron os membros do tribunal, Nick Bradshaw, Hans Hurch e Luis Miguel Oliveira, "Sofia's Last Ambulance amósanos a tres persoas traballando na capital de Bulgaria como pilotos dunha nave espacial. Centrándose exclusivamente na súa rutina diaria e en como reaccionan aos desafíos, confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao borde do colapso social e económico. O seu delicado equilibrio do visible e o invisible toca o corazón do que o cinema pode ser e facer".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Documental, Cine, Cannes...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares