Arraianos de Eloy Enciso entre a selección oficial de Play Doc

No xurado están Nick Bradshaw, Luis Miguel Oliveira e Hans Hurch

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Fotograma de Arraianos, de Eloi Enciso

Fotograma de Arraianos, de Eloi Enciso

Son moitas as características que fan de Play Doc un festival de referencia. Unha programación moi coidada desde a sección oficial ata as actividades paralelas, unha coherencia en toda a súa esencia e unha evolución constante. Nesta edición, Play Doc acaba de presentar unha selección oficial con cinco títulos de destacados proxectos e nomes do panorama documental independente a nivel mundial. Tres irmás – Soas o último traballo de Wang Bing, destacado documentalista chinés; dous títulos premiados este ano noutros certames como son Sofia's Last Ambulance de Ilian Metev ou Le libraire de Belfast de Alessandra Celesia; The Patron Saints de Brian M. Cassidy e Melanie Shatzky, e Arraianos do galego Eloy Enciso conforman a selección oficial desta edición. A cita, do 13 ao 17 de marzo, en Tui.

Para xulgar esta sección oficial, os organizadores de Play Doc convocaron xun xurado composto por Luis Miguel Oliveira, responsable do Departamento de Divulgación e Exposición Permanente da Cinemateca Portuguesa; Nick Bradshaw, editor da web da prestixiosa revista británica Sight&Sound; e Hans Hurch, director da Viennale, un dos festivais con máis renome de Europa.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Máis que un Play

Máis que un Play

Arrinca en Tui a novena edición dun Play Doc que amplía a súa liña de actuación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eloy Enciso, Documental, Tui, Lingua galega...

Claves

Protagonistas
Lugares