Nunha terraza sobre o rÃo Miño no concello pontevedrés das Neves existe un sitio arqueolóxico de especial relevancia. Os cientÃficos documentan nel alomenos seis niveis de ocupación, case todos pertencentes ao PaleolÃtico inferior. As investigacións, levadas a cabo especialmente en 2012 polo Instituto de Estudios Miñoranos, localizarón máiS de 1500 pezas, das cales unhas 300 teñen un tamaño superior ao da media de pezas equivalentes na PenÃnsula Ibérica. Pero o máis intrigante é que as pezas apareceron reunidas nunha localización determinada, como se formaran parte dun acopio de material. Este material e o do veciño lugar arqueolóxico de O Cabrón, en Arbo, serán analizados polo Centro Nacional de Investigación sobre la Evoluión humana de Burgos. Os resultados coñeceranse ao final do verán.