A Xunta non recorrerá a sentenza sobre o Decreto do Plurilingüismo

Feijóo manterá a enquisa as familias con carácter consultivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba esta mañá que o seu goberno non recorrerá a sentenza sobre o Decreto do Plurilingüismo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Segundo Feijóo, o goberno renuncia a levar esta cuestión ante o Tribunal Supremo ao considerar que o TSXG validou "o 95% da norma" e que con este paso, o texto fica "blindado con seguridade xurídica". Malia a que un dos puntos desestimados polo TSXG deste texto era o feito de que as consultas aos pais sobre a lingua dos alumnos fosen vinculantes, o presidente apuntou que as mesmas seguirán a se desenvolver. Advertiu no entanto que "seguiremos facendo as consultas, pero non producen efectos legais de forma inmediata, porque a sentenza o impide", ao tempo que recoñecía que o resultado das mesmas "será determinante para que nós adoptemos unha decisión ou outra".

O polémico texto, asemade, chegará a Madrid logo de que a Real Academia Galega presentase recurso ante o Tribunal Supremo, que se deberá pronunciar sobre a legalidade do mesmo.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, Tribunal Supremo, Alberte Núñez Feijoo, Real Academia Galega...