A RAG recorrerá a sentenza do Decreto para o plurilingüismo

Reclama a anulación total do texto

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Haberá recurso de casación da Real Academia ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o Decreto para o Plurilingüismo no Ensino. A executiva da Academia comparecía esta mañá para explicar que adoptaron esta medida logo de agardar "a reacción da Xunta de Galicia en relación coa sentenza que anulou varios puntos fundamentais do decreto" e vendo que avanzara cara á solicitude dun recurso e que non "abriu a posibilidade de modificar" o texto legal. A solicitude da RAG é que se anule totalmente o texto legal, sinalando que na elaboración do decreto se lle impediu desenvolver a súa función de "participar na elaboración de toda norma ou plan relativo ao mellor coñecemento e uso da lingua galega para acadar o seu uso normal".

Ademais, a Academia entende que o texto aprobado "afástase do mandato normalizador" recollido no Estatuto de Autonomía e mais na Lei de Normalización Lingüística".

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Xunta de Galicia, Ensino, Lei de Normalización Lingüística...