Debaten no CCG sobre a gratuidade da cultura na rede

O serminario analiza o futuro dos xornais e do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O obxectivo da xornada é crear un marco para a análise dos retos presentese futuros da industria cultural -en concreto, da xornalística dixital e do libro nesta primeira xornada- así como un novo espazo para o diálogo entre o contorno académico e o profesional de ambos os sectores. Dos catro relatores seleccionados, tres -Rafael Cabarcos, consultor e membro do Advisory Comittee do International Institute for Media Development (IIMD), Julio Miravalls de El Mundo en Orbyt e Ramón Alonso de Kiosko y Más- explicarán como os seus respectivos medios están a implementar estratexias de pago por contidos na Internet a través dos seus novos modelos de negocio. Os temas principais que se abordarán serán a evolución dos subscritores/ingresos, estratexias de mercadotecnia e publicidade, estratexias a través das redes sociais e a disposición a pagar pola información.

Para a análise do futuro da industria do libro a través dos novos soportes dixitais (sobre todo iPad e eBook), o programa contará con Juan Triviño, editor e especialista en edición dixital -sobre todo no tocante á industria do libro. O relator explicará as transformacións e retos que está a afrontar esta industria e os novos modelos de negocio dixitais emerxentes.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Medios de comunicación, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Consello da Cultura Galega