Unha xornada analiza os retos da dixitalización na edición e no xornalismo impreso

Organizada polo Consello da Cultura, terá lugar o vindeiro 8 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A dixitalización trouxo tras de si un novo modelo de negocio. A reconversión da industria cultural e un feito pero tamén o é como facelo e abordar eses cambios. A evolución dos subscritores, as estratexias de mercadotécnica, o uso das redes sociais e, sobre todo, o debate sobre a gratituidade dos contidos fan parte da xornada “Cultura impresa na rede: gratis total?”. A cita está organizada polo Consello da Cultura e terá lugar o vindeiro venres 8 de marzo de 2013. Rafael Cabreros, membro do International Instititute for Media Development (IIMD), o especialista en edición dixital Juan Triviño ou Julio Miravalls, director adxunto de El Mundo en Orbyt falarán dos retos deste sector.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Pasos cautos

Pasos cautos

Editores e xornalistas reflexionan sobre o modelo de cobro dos contidos no ámbito dixital

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Medios de comunicación, Consello da Cultura Galega