Silvia Penas gaña o primeiro Lueiro Rey de Poesía

Marica e Tareixa Campo son recoñecidas co Entre Mulleres en Lugo

4/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A primeira edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey foi para Silvia Penas. O xurado escolleu o pasado sábado o seu poemario As uñas crecen "por considerar que propón un discurso de fondo cuestionamento do eu lírico radicado nunha coordenada espazo-temporal ben próxima e identificable, onde a función social da escrita e as vivencias e pulsións sentimentais da voz poética se complementan acaidamente". Penas levará un premio e 2.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada na editorial Sotelo Blanco. O xurado outorgoulle un accésit ao poemario Sobol, que se presentou baixo o lema Difraccións, recomendando tamén a súa publicación.

De xeito paralelo, o Concello de Lugo outorgáballe ás escritoras Marica e Tareixa Campo o premio Entre Mulleres, que outorga anualmente con ocasión da celebración do 8 de marzo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvia Penas, Silvia Penas, Poesía, Mulleres...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares