O Festival Alt promove a sección ALT-Procrea para producir montaxes

Poderase ver unha mostra deste proxecto o vindeiro 8 de marzo, no marco da programación do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Festival Alt promove a sección ALT-Procrea para producir montaxes

“Na última edición pensamos que o Festival Alt debería achegar ao público e aos creadores algo máis que a exhibición” explica Roberto Taboada, coordinador de actividades do festival vigués. Foi así como detrás desa intención naceu ALT-Procrea, unha sección dedicada apoiar proxectos escénicos que entroncasen dentro da liña artística do certame en todas as fases da produción. "Non se trata de producir un espectáculo e logo desvencellarse unha vez que está feito, senón ofrecer a nosa experiencia para logo poder distribuilo e darlle cabida” explicaba Taboada. No marco desta proposta este ano produciranse catro espectáculos a cargo dos creadores Diego Anido, Mercé de Rande, Nuria Sotelo e Estela Lloves. O vindeiro día 8, no ecuador desta edición do Alt,presentarán unha mostra dos seus traballos que aínda en proceso de produción. Ademais, Taboada baralla a creación “dunha extensión do festival, para o outono, para poder exhibir aquí os resultados destes proxectos”.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Montaxes, Nuria Sotelo, Diego Anido...