Primeiro para programadores e logo para público xeral. Hoxe é o día no que Caramuxo Teatro e Babobab presentan os seus espectáculos no marco do Fetén, a feira europea de artes escénicas para nenos e nenas que conclúe esta semana en Xixón. É unha das citas máis relevantes a nivel estatal do teatro para pícaros, de aí a relevancia que supón estar presente. Caramuxo Teatro presenta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só no bosque sen ningún referente a seguir pero que coñece no camiño a un montón de animais ata que se sinte libre como paxariño e sente o impulso de voar. Pola súa banda Baobab presenta Babs, un planeta moi pequeño con só tres habitantes: mamá, papá e Babo, un ser moi pequeño que precisa investigar e descubrir o mundo sen a protección dos seus país.
Dúas compañías galegas presentan hoxe no Fetén os seus espectáculos para pícaros
Caramuxo Teatro e Baobab presentan as súas últimas montaxes
14 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Caramuxo Teatro, Montaxes, Artes Escénicas...
