Iliria

Elefante Elegante regresa a Santiago coa súa versión de Noite de Reis

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Iliria

Non é dos espectáculos recentes de Elefante Elegante, pero Iliria rezuma todos os sinais de identidade desta compañía: un espectáculo moi atractivo visualmente cunha escenografía e iluminación responsable dunha plasticidade na que a música exerce de fío narrativo. Iliria é unha revisión do clásico de Shakespeare Noite de Reis, “arredor da facilidade coa que amamos e deixamos de amar” do que “realmente somos e o que parecemos” tal e como conta unha nota de prensa remitida por Agadic, xa que o espectáculo estará de venres 22 a domingo 24 no Salón Teatro (Rúa nova 34, Santiago).

Fredi Muíño, Iria Pinheiro, María Torres e Gonçalo Guerreiro son os creadores deste traballo que entremezcla danza, o mimo e as acrobacias aéreas aderezado con moito humor.

A historia sucede na illa de Iliria onde o Duque Orsino more de amores por Olivia, pero a pesar das románticas cancións portuguesas que lle adica, o seu amor non é correspondido.

Ao mesmo tempo, dous irmáns xémeos, Violeta e Sebastián, naufragan na costa de Iliria. Violeta vese obrigada a disfrazarse de home coas roupas do irmán para poder sobrevivir nun país estranxeiro. Pero Sebastián tamén se salvou, e sen sabelo, inicia unha sorte de divertidos equívocos amorosos.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Reis, Elefante Elegante, Shakespeare...