A arte contemporánea protagonizará a programación do Palexco e o Kiosko Alfonso

Viñetas desde o atlántico celebrarse entre o 5 agosto e 10 de setembro

15/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: artebanda deseñada
23 lecturas | Compartido 0 veces

The Kitchen de Marina Abramovic

Suso Fansiño, José Pedro Croft, Marina Abramovic ou Vari Caramés son creadores de primeiro nivel, moitos deles coñecidos para o público galego tras exposicións da man do CGAC ou da desaparecida Fundación Caixa Galicia. Un menú que combina artistas galegos con internacionais para ofrecer unha visión renovadora da plástica e da fotografía contemporánea. Son os nomes propios que estarán no Palexco no Kiosko Alfonso, cuxa programación lle compete ao concello da Coruña. Non son producións propias, senón colaboracións feitas coas galerías madrileñas Helga de Alvear, Juana de Aizpuru e La Fábrica, así como a barcelonesa Carles Taché. A programación supón un investimento de 400.000 euros e inclúe a celebrado do Salón do Cómic 203 entre o 5 de agosto eo 10 de setembro.
Este é o calendario expositivo deste ano 2013 SALA PALEXCO Suso Fandiño 04/12/2012 a 06/02/2013 Comisaria: María Peña Lombao José Pedro Croft 22/02/2013 a 19/05/2013 Comisario: David Barro Miguel Ángel Campano 30/05/2013 a 28/07/2013 Comisario: Nicolás Combarro y Susana González Salón del cómic 2013 05/08/2013 a 08/09/2013 Comisario: Miguelanxo Prado Marina Abramovic 16/09/2013 a 08/12/2013 Comisaria: Oliva Maria Rubio Charles Sandison 18/12/2013 a 16/02/2014 Comisaria: Mónica Maneiro SALA KIOSCO ALFONSO Jorge Perianes 04/12/2012 a 06/02/2013 Comisario: Rafael Lens Vari Caramés 18/02/2013 a 26/05/2013 Comisario: Miguel Fernández Cid Miguel Ángel Campano 30/05/2013 a 27/07/2013 Comisario: Nicolás Combarro y Susana González Salón del cómic 2013 05/08/2013 a 10/09/2013 Comisario: Miguel Anxo Prado Axel Hütte 19/09/2013 a 08/12/2013 Comisario: David Barro Alberto García-Alix 19/12/2013 a 16/02/2014 Comisario: Nicolás Combarro

Universo culturagalega.gal