Un manifesto pídelle á Xunta que non leve o decreto do galego ao Supremo

Con 200 sinaturas, busca adhesións a través da rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Xuristas, empresarios, políticos, políticos… son algúns dos preto de 200 asinantes do manifesto cidadán Chamamento polo galego. Unha iniciativa presentada onte en Santiago por Henrique Monteagudo, Valentina Formoso, Marilar Aleixandre, Mariló Candedo e Alba Nogueira. Nela solicítanlle á Xunta que acate a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e non continúe cos trámites xurídicos para presentar un recurso de casación diante do Tribunal Supremo. A iniciativa busca adhesións da cidadanía a través da rede e as sinaturas acadadas seránlle entregadas ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, con quen os promotores solicitaron unha entrevista.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Henrique Monteagudo, Marilar Aleixandre, Tribunal Supremo...