Varias actividades lembran a Lugrís Freire no 150 aniversario do seu nacemento

Os actos conmemorativos arrincan o xoves cunha exposición e unha ofrenda

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Partida de nacemento de Lugrís Freire

Partida de nacemento de Lugrís Freire

Foi un prolífico xornalista, poeta, narrador (baixo o pseudónimo Asieumedre) e defensor do nacionalismo concretando na identidade e no idioma. Segundo a biografía oficial Lugrís Freire cumpriría hoxe 150 anos do seu nacemento, aínda que a asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo proba que foi o día 11, coa publicación da súa partida de bautismo. Con ela arrincan os actos para homenaxear a súa figura. O vindeiro xoves 14 haberá unha ofrenda floral e inaugurarase unha exposición na capela de San Roque. O concello financia as actividades que se desenvolverán ao longo de todo o ano, tras declarar este 2013 en Sada como o Ano Cultural Lugrís Freire.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Sada

Claves

Conceptos
Lugares