Presentación de libros, mesas redondas, dúas xornadas, unha montaxe teatral e a proxección dun documental son algúns dos actos previstos cos que os concello de sada ten previsto honrar a memoria de Xoán Antón Suárez Picallo. Nado en Veloi (Sada) en 1894, foi deputado galeguista nas Cortes durante a Segunda República, ademais de desenvolver unha intensa actividade sindical e xornalística (foi director de A Nosa Terra e colaborador en publicacións como "Le Humanite" de Barcelona e “El Sol” de Madrid). As actividades aínda están sen pechar e comezarán a finais de maio para se desenvolver ao longo de todo o ano.
Sada lembra o galeguista Suárez Picallo con múltiples actos culturais
A homenaxe
25 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades

