Ortega y Gasset preguntou unha vez Quen é este home pegado a unha voz? deslumbrado pola súa oratoria. Ramón Suárez Picallo (Sada, 1892- Bos Aires, 1964) foi deputado, xornalista, intelectual pero, por riba de todo, galeguista. A súa localidade natal quere destacar a súa figura e a o do seu irmán Xoán Antón, asasinado durante a Guerra Civil, cunhas xornadas e un roteiro urbano que te convidamos a percorrer connosco.
Visualizar o mapa ampliado
“Desde que chegamos ao goberno sempre quixemos destacar os irmáns Suárez Picallo porque foron moi importantes a nivel cultural e social, nunca se destacou suficientemente o que fixeron por Sada e pola polÃtica galega” explica Ana Gloria López, concelleira de Cultura de Sada. Para conseguir este obxectivo, o concello promoveu a constitución dunha entidade formada por cidadáns para que foran os que determinaran a forma na que se habÃa de homenaxear a estes dous sadenses no que denominaron como “Ano Suárez Picallo”. O resultado plasmouse na creación da “Comisión Irmáns Suárez Picallo” que decidiu celebrar unha xornada (29, 30 e 31 de maio) na que se presentarán unha publicación, un roteiro e un documental sobre a súa figura.
Os irmáns
Os irmáns Suárez Picallo, Ramón e Xosé Antón, naceron en Veloi (Sada) e desenvolveron un importante protagonismo polÃtico na II República. Un feito que lles pasou factura co estoupido da Guerra Civil. Se Xosé Antón foi asasinado nos primeiros dÃas do alzamento, Ramón tivo máis sorte xa que se atopaba en Madrid onde era deputado polo Partido Galeguista. De Madrid pasa a Barcelona onde escribe na revista “Nova Galiza”. Refúxiase en Francia en 1939, desde onde se despraza a Estados Unidos para fixar finalmente a súa residencia en Chile. É aló onde exerceu como xornalista, unha experiencia que recolle na publicación “La Feria del mundo” que edita o Consello da Cultura Galega e que se presentará o xoves 29 no marco das xornadas. Uns artigos nos que Ramón empregaba o seudónimo de "Pick-Up", nome que recibÃa o tocadiscos, moi de moda naquel momento.
En 1956 Suárez Picallo establécese en Bos Aires, a onde chega para colaborar no I Congreso de Emigración Galega. Alà colabora con Castelao no Consello de Galiza, ademais de facerse cargo da cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense de Bos aires. Pouco antes de morrer no sanatorio do Centro Galego en 1964, Ramón Suárez Picallo dixo que querÃa “repousar no Fiunchedo”. Un soño que se cumpre agora, corenta anos depois do seu pasamento, co traslado dos seus restos mortais a Galicia e que terá lugar o 14 de outubre, a data da súa morte. Un feito co que culminan as actividades organizadas na súa memoria.