Catro producións galegas finalistas no II Festival online Márgenes

A edición presencial terá lugar entre o 7 e 16 de marzo na Cineteca Matadero

12/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Márgenes é un espazo que ofrece a posibilidade de acceder a filmes de calidade e de autor que saen da industria cinematográfica convencional. E para facelo organiza obradoiros, cursos, ciclos de proxeccións e un festival en liña. Precisamente desta última actividade acaba de publicar a relación de finalistas. Dos 11 seleccionados, entre un centenar de filmes, hai catro títulos galegos: Piedad de Otto Roca, ElectroClass, de María Ruído, Nacional VI de Pela del Álamo e Vikingland de Xurxo Chirro. Aínda que o certame se desenvolve en Internet, ten unha edición presencial entre o 7 e o 16 de marzo na Cineteca Matadero de Madrid.

*Información corrixida e actualizada: Faltaba na relación de producións galegas "Piedad" de Otto Roca.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Madrid

Claves

Conceptos
Lugares