Dúas institucións da capital estatal acollen desde esta semana cadansúa mostra de creadores galegos. Desde onte, 7 de marzo, e ata o vindeiro 23 de abril, desenvólvese na Nave 0 de Matadero Madrid no marco do ciclo Profundidad de campo unha selección de traballos audiovisuais recentes e antigos de MarÃa RuÃdo. As pezas Mater AmatÃsima, Lo que no puede ser visto debe ser mostrado, ElectroClass e La voz humana, que se poden ver neste proxecto abordan temas como o traballo, a maternidade ou a construción da memoria e amosan a combinación de linguaxes audiovisuais que caracterizan a obra da autora de Xinzo. En paralelo, no espazo Cineteca proxectarase unha escolma de filmes escolleitos pola autora.
Pola súa banda, o Museo Lázaro Galdiano acolle entre o vindeiro 15 de marzo e o 16 de xuño a exposición #MeGustaMuseoLazaro na que se poderá ver o traballo de Roberto González Fernández. O proxecto recolle sesenta pezas da serie W-DV, realizadas polo artista entre 2015 y 2018. Os retratos, realizados con estilo realista pretenden establecer unha comunicación directa entre os personaxes representados e o espectador e reflexionar sobre as relacións nos tempos de Internet. González Fernández convida ao visitante a participar no proxecto retratándose e compartindo a súa imaxe nas redes sociais coa etiqueta que dá nome á exposición.