Chega a Madrid a exposición que exhibe a mirada cotiá de Virxilio Viéitez

Microteatro, proxeccións e conferencias complementan a mostra

7/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

É unha mostra que exhibe a historia dun fotógrafo de vila que se transformou en artista. 250 imaxes en branco e negro que chegan a Madrid, da man da Fundación Telefónica para exhibir a un Virxilio Vieitez, o fotógrafo de Soutelo que revolucionou a forma de captar a realidade. A mostra é a mesma que estivo en Vigo no ano 2010, coproducida por esa entidade e o Marco, completada agora cun intenso programa de actividades. Un proxecto de microteatro de Víctor Coyote sobre a vida do fotógrafo; un documental sobre seu legado (Virxilio Vieitez. Máis alá do oficio, producida por López-Li Films) son algunas das propostas. Canda elas, Miguel Fernández Cid coordina unha serie de conferencias que analizan o porqué e o cómo, desde o punto de vista óptico da fotografía de Vieitez. E para entender o contexto, un ciclo de cine, realizado en colaboración con el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

21/10/2010

A ollada humilde

O MARCO redescubre a Virxilio Viéitez, o fotógrafo que dignificou o cotiá

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Virxilio, Madrid, Miguel Fernández, Fotografía...