Pilucha de Maria de Adolfo
Esta fotografÃa está feita en negativo de 6x6. “É a época na que meu pai xa empeza a traballar coa idea de saÃr fóra, porque esta nena (Pilucha de Maria de Adolfo) ten unha foto en interior, pero logo, tenoutra no interior” explica Keta que asegura descoñecer os motivos polos que foi tomada esa imaxe. “A esta nena morréralle o pai e, se cadra, foi para deixar constancia dese feito tan dramático” interpreta. A imaxe deixa constancia dos precarios medios nos que traballaba (un único foco que proxectaba unha sombra, unha habitación como estudoÂ….) Virxilio Vieitez e que, posiblemente, o motivou a traballar en exterior.
Julito
“Nesta época utiliza moito a rollei, unha máquina de formato medio” explica Keta, ao tempo que nos informa que Julito é un neno rico de Cerdedo que posúe unha colección completa de imaxes da súa infancia feitas polo propio Virxilio. “Se cadra é domingo de ramos, poque é tradición de levar unha rama, ou se cadra non porque o detalle da ramiña gustáballe moito ao seu pai” apunta a súa filla, que fala dos recursos que tiña Virxilio á hora de facer as súas fotografÃas.
Señora
Keta Vieitez apunta que “esta imaxe nada ten que ver co anterior”, dunha banda porque foi tirada cunha “máquina de gran formato que tiña no estudo e que tamen estará na exposición” e da outra pola propia pose da muller. Esta imaxe esta acompañada doutra fotografÃa na que aparecen retratadas de xeito diferente. “O meu pai reflexa o estatismo. A miña percepción é que meu pai só se limita a recoller o que a muller lle quere comunicar nese momento”. Esta imaxe só se veu na exposición que lle dedicou a galerista Juana de Aizpuru na pasada edición de Photoespaña.
A rubia de Covas
“Esta é unha foto que meu pai adoraba e mesmo fai parte do noso arquivo familiar. Meu pai tiña unha copia para el o que demostra que o lle gustaba moito a foto ou lle gustaba moito a muller” apunta Keta. A foto está tomada nun dÃa de feira, e nesa serie pódese apreciar que hai un grupo de mulleres que levan un porco de volta á súa casa, o que demostra que ese dÃa non o puideron vender na feira.
Marielena
Esta foto tamén é un 35 milÃmetros, na época de mediados dos sesenta, en época de divertimento en Soutelo. A foto foi tomada na “ChangüÃ, unha discoteca de Soutelo á que viñan bailar desde o Carballiño, desde LalÃn e era coñecida en toda a comarca” apunta Keta que explica que ese dÃa se fixo unha reportaxe desa festa de disfraces, moi atrevida porque se celebra nun momento no que o entroido estaba prohibido. “Xa se ve outro estilo de fotografÃa e se nota que el tamén se estaba divertindo moitÃsimo. A supermán que sae na foto chámase Marielena e é de Soutelo de Montes”.