Play Doc celebrará a súa novena edición do 13 ao 17 de marzo

Promove vías de financiamento alternativo para paliar o déficit orzamentario

A novena edición de Play Doc, a cita co universo documental, xa ten datas. Será no mes de marzo, do 13 ao 17 de marzo en Tui. Seguirá fiel á súa liña de traballo audiovisual, exhibindo traballos de calidade do xénero documental ao tempo que busca unha conexión coa música. Canda as datas, os organizadores informan da posta en marcha, un ano máis, de Play-Doc Support, unha campaña de recadación de fondos. Deste xeito pretenden incrementar a colaboración civil no proxecto e paliar os recortes orzamentarios sufridos estes últimos anos. En 2012, as administracións públicas recortaron os orzamentos desta cita.

Ligazóns