Play Doc prepara a súa oitava edición que se centrará na paisaxe

Tui converterase na capital do documental do 21 ao 25 de marzo

3/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É a “xoia cultural tedense”, tal e como asegurou Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura e Educación desta localidade pontevedresa. Por iso, o Play Doc non faltará á súa cita co documental. Será nun formato que se mantén fiel á súa estrutura habitual, aínda que haberá cambios. Malia que aínda non se coñece a programación, desde o festival confirman que este ano estará centrado temáticamente na paisaxe. Na sección oficial a competición repartiranse un total de 5.000 € en premios e a cita será do 21 ao 25 de marzo.

Malia que a programación e as novidades sobre a estrutura do festival se irán coñecendo ao longo deste mes de febreiro, a organización xa deu a coñecer que Play-Doc levará parte da súa programación ao Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña, e ao Instituto Valenciano do Audiovisual e a Cinematografía (IVAC), ao termo da súa edición. Tal e como figura na nota de prensa, "Play-Doc amplía así a súa visibilidade no sector nun ano marcado polas incertezas orzamentarias".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Documental, Tui, Educación...