O documental ten unha cita do 18 ao 22 de marzo en Tui. Na localidade pontevedresa celébrase a V edición do Play Doc que este ano exhibirá 31 pelÃculas deste xénero procedentes de paÃses tan diversos como Xapón, Eslovaquia, Irán, Lituania, Israel, China ou Polonia. En total repartiranse 9.000 euros en premios nas tres categorÃas a competición. Canda a sección oficial, a “Informativa” centrase este ano no director lituano Audrius Stonys e no polaco Bogdan Dziworski. Documentais de música, concertos en directo (Mad Professor, “Rei do dub” ou “One Man in the Band”) asà como a exposición do artista iraniano Jamshid Aminfar (protagonista dun documental, Cyanosis que tamén se proxectará) compoñen a programación deste certame.