Bota a andar o Taboleiro do Libro Galego

Doce librarías galegas fornecen datos semanais para coñecer as obras máis vendidas na nosa lingua

28/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Desde o coñecido blog Caderno da Crítica, Ramón Nicolás botou a andar esta fin de semana o Taboleiro do Libro Galego. O proxecto achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas nas nosas letras, atendendo ás categorías de Narrativa, Poesía, Ensaio-Teatro, Literatura Infantil e Xuvenil, Banda Deseñada e mais Álbum Ilustrado. Un total de 12 librarías de diferentes localidades do país achegan os datos para elaborar estas listaxes, que abren con As voces baixas, de Manuel Rivas como a obra de narrativa máis vendida dos últimos sete libros, e Ardalén de Miguelanxo Prado a encabezar as vendas de banda deseñada.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Banda deseñada, Manuel Rivas, Miguelanxo Prado...