Manuel Rivas e Ana Romaní levan os premios de narrativa e poesía dos escritores

A AELG entregou os sábado os seus galardóns no transcurso da Cea das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Todo é silencio de Manuel Rivas en Narrativa, e Estremas de Ana Romaní en Poesía impuxéronse nos premios que a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou o pasado sábado. No transcurso da Cea das Letras premiáronse ademais O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, como mellor Libro infanto-xuvenil, O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo de Pilar García Negro na categoría de Ensaio e mais Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo como gañadora entre as obras de teatro. Canda a isto, os socios da AELG seleccionaron a tradución Randea do alento que realizou Marga do Val, o blog O levantador de minas de Alfredo Ferreiro e mais a traxectoria xornalística de Ramón Nicolás como mellores de 2011.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito