Naceu hai cinco anos para dar acubillo e promoción a artistas galegos emerxentes. A GalerÃa Metro, situada no corazón da zona vella de Santiago (rúa Nova, 24) dependÃa da Fundación Feima, integrante do grupo Bitango que se acaba de desvencellar do proxecto. O seu director, Javier Blanco, decidiu continuar con esta aposta pero con cambios. “Estamos traballando nunha reformulación que pasa por un bo soporte en Internet, facer exposicións en locais alleos cos que xa nos puxemos en contacto, asà como participar nalgunha feira”. No fondo, continuarán coa mesma liña de traballo aÃnda que sen sede fÃsica “que tamén nos ataba a un espazo, a un horario, e nos impedÃa máis contacto cos clientes” e tamén abrÃndose a novos creadores. “A vinculación a Feima marcaba un apoio exclusivo por artistas emerxentes galegos e agora podemos abrirnos a creadores doutros lugares” explica Javier Blanco.
A primeira das actividades nas que se pode ver a nova orientación da galerÃa é Jäälphoto, unha feira de fotografÃa que se celebra en Madrid en datas próximas a ARCO (14-16 de febreiro). Para esa cita están preparando unha mostra de traballos de varios artistas entre os que están dous creadores non galegos, o arxentino Diego Alonso e o madrileño Hernesto. Canda eles, outros nomes propios de Metro como Sheila Pazos, Rosendo Cid, Edu Valiña ou Ana Cid. A filosofÃa deste encontro é exhibir nunha habitación de hotel madrileño os traballos dos creadores fotográficos contemporáneos.