Nace a Federación Galega de Festivais

Reúne quince asociacións sen ánimo de lucro que organizan eventos musicais deste tipo

28/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un encontro en Compostela esta fin de semana serviu para dar comezo á Federación Galega de Festivais. Unha quincena de asociacións sen ánimo de lucro que organizan habitualmente eventos deste tipo déronse cita, segundo recolle GZMúsica.com para buscar xeitos de colaboración que faciliten o seu traballo. Ás entidades xa participantes está previsto que se sumen novas propostas de cara á Asemblea na que se procederá á constitución formal da entidade, e que se agarda celebrar cara a marzo.

Entre outras, participan no novo proxecto os responsables do Castañazo de Chantada, o Revenidas de Vilaxoán, A Festa da Poesía do Condado, a Festa Folc de Vilariño, o Rebumbio de Mos, o A Chorar a Cangas, Castelo Rock de Muros ou o Berra Val Miñor.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Rock, Poesía, Castelo...