Currículum Cajún

Arturo Regueiro integra en Currículum Oculto poesía, música e vídeos

22/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Vai para un ano que Arturo L. Regueiro publicaba o seu poemario Currículum oculto da man de TresCTres editores. O volume ía acompañado dun CD no que se podían escoitar as versións recitadas e musicadas de 14 textos incluídos no mesmo. Agora o poeta, acompañado por unha banda, está a presentar en directo a súa creación, cun engadido audiovisual.

O pasado mes de decembro, co título Currículum Oculto Mandeo Récords presentaba na rede un documental no que se poden ver recitados deste proxecto e que permite que o autor explique a súa peculiar visión do noso país, o que el chama Galicia Cajún. A conexión con Nova Orleáns, a idea de mestizaxe e de cultura de resistencia, o blues e outros elementos intégranse unha filosofía que xa estaba presente en anteriores traballos de Regueiro.

A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu o pasado día 18 de xaneiro a última actuación deste proxecto. Para os que non puideron asistir, e en agarda de novos eventos, achegamos os vídeos para todos os interesados en coñecer este singular proxecto.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

13/11/2012

Redrum fai currículum

A compañía de Alex Sampayo aborda a busca de emprego na súa última montaxe

20/04/2009

Versos con ondas

Tres producións recentes achéganse desde distintas perspectivas á poesía musicada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Editores, Documental, Filosofía...