Todoterreos vandalizan as murallas do castro de Saa

Veciños e alcalde pensan que é unha acción "intencionada"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Zona afectada polos todoterreos nos parapetos da entrada SO

Zona afectada polos todoterreos nos parapetos da entrada SO

É relativamente frecuente o emprego dos xacementos arqueolóxicos como espazos de práctica para motocross e todoterreos. A última noticia é que uns descoñecidos decidiron empregar os catro parapetos da maxestuosa entrada suroeste do castro de Saa (A Pastoriza, Lugo) como zona de prácticas para todoterreos. Segundo os veciños, que non viron a acción, os todoterreos remontaron as catro liñas de parapetos durante varios días e están a danar de forma ostensible as murallas. Tanto o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, como o experto local Mario Saavedra, cren que o ataque é intencionado e deliberado, xa que o castro está sinalizado como tal nos seus accesos e é un ben público ben coñecido no municipio.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Lugo

Claves

Protagonistas
Lugares