O Consello da Cultura contará con 2,5 millóns de euros en 2013

O Congreso Rosalía no século XXI. Unha nova ollada será unha das actividades máis importantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Plenario do Consello da Cultura Galega

Plenario do Consello da Cultura Galega

O Plenario do Consello da Cultura Galega un presuposto de 2´5 millóns de euros para 2013, o que supón unha diminución do 5´5 por cento con relación ao ano anterior. Entre as actividades previstas para o vindeiro ano destaca o Congreso Internacional Rosalía no século XXI. Unha nova ollada, co que se conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Canda a isto,
celebrarase un simposio en homenaxe a Serafín Moralejo Álvarez, unhas xornadas sobre a situación dos museos e as artes escénicas de Galicia ou outras sobre a repercusión da Lei da Memoria Histórica na Emigración.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cantares Gallegos, Plenario, Artes Escénicas, Museos...