A poesÃa de RosalÃa de Castro é moi popular pero a súa faceta como narradora é bastante descoñecida, malia a calidade e o seu carácter innovador. Iso sábeno ben un grupo de investigadoras que levan un tempo analizando tanto esa obra desde unha perspectiva sistémica con notorios achados. Algúns deles desvelaranse no simposio titulado Unha arma no fango que organiza o Grupo de Investigación RosalÃa de Castro (adscrito á Universidade de Santiago de Compostela). Nel poranse en común as investigacións que se están a desenvolver en diferentes universidades asà como servir de antesala das actividades de celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, que se conmemora en 2013.
O simposio que se abre esta tarde pretende permitirá coñecer un avance dos achados que o Grupo de Investigación RosalÃa de Castro desenvolveu nos últimos meses. Esta entidade , formada por 4 especialistas residentes en Santiago, 2 en Inglaterra, 1 en Irlanda e outra en Huelva, pretende evidenciar tanto conexión como influencias temáticas da autora para revalorizar a súa obra narrativa.