Educación elaborará o Plan da Cultura para fixar os proxectos estratéxicos da lexislatura

En paralelo elaborará o Plan Director do Libro

27/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: politicas culturais
15 lecturas | Compartido 0 veces

O inicio da lexislatura supón tamén o comezo da elaboración de dous documentos marco para a Secretaría Xeral de Cultura: dunha banda o Plan Director do Libro, xa avanzado en varias ocasións, e da outra o Plan da Cultura Galega. O primeiro establecerá as definirá a presenza dos creadores e da industria editorial dentro e fóra de Galicia, a estratexia sobre o libro electrónico en galego, así como a fórmula de dinamización da lectura no conxunto da sociedade e da mellora dos servizos bibliotecarios da Rede de Bibliotecas de Galicia e da Biblioteca de Galicia. O segundo pretende, segundo informan da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, “recoller as prioridades e os proxectos estratéxicos no investimento cultural público para toda a lexislatura, propoñer procesos de colaboración entre todos os operadores e sectores culturais, e concretar estratexias de cooperación entre o ámbito local e a Xunta de Galicia”.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Bibliotecas, Secretaría Xeral de Cultura, Biblioteca de Galicia...