Francisco López avanzou hoxe no Parlamento que durante esta lexislatura aprobarase a futura Lei de Arquivos da Xunta de Galicia, do que salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que carecen deste marco. O director xeral do Libro destacou os eixos do futuro plan de arquivos, entre os que está a elaboración dun novo marco normativo que concrete as competencias da Comunidade Autónoma e dentro do cal se está a desenvolver o decreto da comisión de avaliación documental de Galicia, que pretende axilizar e reducir a burocracia documental da Administración galega. Pola súa banda, a deputada Ana Pontón, do BNG, cualificou hoxe de "falta de respecto" a presentación dun Plan de Arquivos que non fora enviado previamente á cámara, "polo que non poden debatir nin aportar nada sobre o mesmo ao descoñecer os seus contidos".