É o programa cultural da Unión Europea para os vindeiros seis anos. Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014, contará con 1.800 millóns de euros e iniciou o seu trámite lexislativo hai case dous meses. O programa Europa Creativa aprobouse, con vinte e cinco votos a favor, na Comisión de Educación e Cultura a semana pasada. Agora comeza a negociación co Consello para a súa aprobación definitiva en primeira lectura. Tras este proceso, entre outras medidas, concretouse como se inxectarán fondos para as empresas do sector, a gran novidade deste programa.
Un informe do ano 2008 e o Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas (elaborado no ano 2010) radiografaron a realidade cultural. Entre outras cousas, constataron que dos 8.5 millóns de empregos no sector cultural en toda Europa revelaban un tecido empresarial sustentando por pemes e micropemes. O carácter intanxible dos seus activos (como os dereitos de autor) e prototipo único das obras culturais, que precisa doutra planificación en canto a investimento, facía que as entidades financeiras non contaban cos instrumentos necesarios para avaliar riscos específicos, o que dificulta a posibilidade de acceder ao crédito. Por iso o fondo financeiro que contempla Europa Creativa convértese na gran novidade e a gran necesidade deste programa. Silvia Costa (S&D, IT), ponente italiana e cabeza visible do deste programa, explicou antes da votación da semana pasada que permitiu definir e concretar máis o sistema financeiro.
En total, destinaránse 200 millóns de euros a ese instrumento que, tralo paso pola comisión de Edudación e Cultura, concretouse máis o procedemento que establece como chegará ao sector. Xestionarase a través da Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural, non estará aberto a solicitudes de persoas físicas, senón de organizacións culturais con proxectos definidos. Ademais, o fondo de garantía será administrado polo Fondo Europeo de Investimentos e a estimación prevista é que xere máis de mil millóns de euros en préstamos. Especificouse tamén que se incorpore a este programa o Instrumento Europeo de Microfinanciación Progress (Microfinanciación Progress), que foi creado en 2010, e que aumenta a disponibilidade dos microcréditos, con contías inferiores aos 25.000 euros para fundar o desenvovler pequenas empresas (formadas por autónomomos, por xente que leva tempo en paro e por mulleres, enter outros perfís de solicitantes).
E foi máis aínda, as emendas que se aprobaron incide en que cómpre efectuar un seguimento e unha avaliación non só do volume dos créditos concedidos no marco do instrumento financeiro, senón tamén no número de beneficiarios do financiamento pertencentes a países da cohesión e a grupos socialmente desfavorecidos que se acollen ao instrumento de financiamento. Aprobouse que ademais dunha revisión profunda do programa en 2017, o informe de avaliación externa se enviará ao Parlamento Europeo e se presentará ante o mesmo.
Ademais, aprobouse unha emenda que deixa ben claro que este instrumento de garantía financeira é un apoio máis ao sector pero non substituirá ningunha medida de fomento.
Por outra banda, o texto se negocia co Consello e espera a súa aprobación en primeira lectura no primeiro trimestre de 2013, detalla a importancia de porque é tan importante este instrumento financeiro, non só a nivel económico por ese 4.5% que a cultura achega ao PIB senón tamén no valor cultural e de cohesión que a cultura achega ao sentimento europeo.
A definición da cultura e a concreción do programa
Se ata 2014 os programas da Unión Europea relativos ao sector cultural se dividía en tres: Media, Mundos e Cultura, a partir do ano 2014, será un único programa marco e que se chamará Europa Creativa. Con todo, non desfará o traballo realizado ata o presente, porque mantén os logotipos e identidade dos programas Cultura (que recupera as axudas a festivais, mellora as medidas de apoio á mobilidade dos artistas e as obras, ao tempo que valora a formación e a alfabetización comunicativa e dixital) e o Media (que porá o énfase en apoiar a dixitalización do sector audiovisual, para apoiar a distribución tanto no cine como en plataformas dixitales). Malia a reticencia de países como Reino Unido ou Alemaña, incrementa o orzamento un 37%, pasando de 1.170 millóns a 1.800 milllóns de euros. Un orzamento necesario pero non suficiente apostillou Doris Pack, presidenta da Comisión de Cultura antes da súa votación a semana pasada.
No que afecta ao que se entende por cultura creativa, matizouse a definición e ampliáronse os sectores que se consideraban nesa etiqueta. De feito considérase industria creativa a arquitectura, os arquivos, as bibliotecas e os museos, a artesanía artística, o patrimonio cultural, a moda, a gastronomía, o deseño, os festivais, a música, as artes escénicas, a edición, a radio e as artes visuais e considera o sector audiovisual como o conxunto do cine, a televisión, os videoxogos e os multimedia.
Define tamén o que é un operador cultural e creativo como un profesional, unha organización (con fines de lucro o sin ánimo de lucro), unha institución ou unha empresa, incluídas as PYME, activa en los sectores cultural e creativo.
Foi a ponente Silvia Costa quen na presentación do texto ante das votacións, destacou o consenso achegado en materias como o patrimonio, de cultura como ferramenta de diálogo intercultural.
O texto resultante deste proceso, entre outras medidas, contempla financiamento para as accións da Capital Europea da Cultura, o Selo do Patrimonio Europeo, xustificando na pertenza a un espazo cultural común.
Segundo a eurodiputada Silvia Costa, o programa marco destaca a importancia estratéxica do sector cultural cunha resposta concreta e importante para o sector, que proporciona o 5% do PIB da UE e dá traballo ao 3,8% dos cidadáns europeos. Agora, en xaneiro iniciarase o diálogo co Consello para rematar de concretar o texto que se agarda se aprobe no pleno do Parlamento Europeo durante o primeiro trimestre de 2013.