Xaime Subiela gaña o Ramón Piñeiro de Ensaio

A obra Para que nos serve Galiza? analiza os retos da nosa sociedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A obra Para que nos serve Galiza? valeulle a Xaime Subiela facerse co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio na súa décimo segunda edición. O premio, dotado con 3.000 euros e mais a publicación da obra, está organizado pola Editorial Galaxia, a Consellaría de Educación e mais Gas Natural Fenosa. A obra premiada, segundo sinala a Consellaría de Cultura, propón unha análise dos restos que afronta o noso país, "en torno á idea de buscar alternativas colectivas conciliadoras arredor do concepto integrador de nación; cunha visión optimista de futuro". O xurado do galardón estivo composto por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme Vidal Lage e Carlos Lema. En total presentaronse sete obras ao galardón.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xaime Subiela, Ramón Piñeiro, Ensaio, Encarna Otero...