A Fundación Granell vende 15 gravados

A entidade desmarca esta decisión da situación de crise económica

Quince gravados de diferentes temáticas realizados por Eugenio Granell nos anos 90 sairán á venda da man da Fundación que leva o seu nome. A entidade anunciaba onte a saída ao mercado das obras, que se poden adquirir a partir dos 350 euros e de cada unha das cales sairán 76 copias. A entidade agarda recadar con esta venda entre 11 e 12 mil euros para as súas arcas. Eduardo López Valiña, técnico da Área de Didáctica e Actividades Culturales e Artísticas da Fundación, sinalou que esta decisión no é "exactamente" de "unha medida anticrise" e lembrou que xa hai anos se puxeran en venda outras do autor.