O Consello da Cultura homenaxea a Díaz Pardo en Madrid

A Residencia de Estudantes acolle mañá a celebración ás 19:30 horas

18/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
17 lecturas | Compartido 0 veces

A figura de Isaac Díaz Pardo lembrarase mañá em Madrid nun acto que organiza o Consello da Cultura en colaboración coa Residencia de Estudantes. No evento, que se celebra a partir das 19:30 horas, están previstas intervencións de Manuel Aznar Soler, Antonio Bonet Correa, José García-Velasco, Alfonso Paz-Andrade, Nicolás Sánchez-Albornoz e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura. A iniciativa conta tamén coa colaboración de “Amigos de la Residencia de Estudiantes”, o Ministerio de Educación, a Fundación Arte, Ciencia y Diálogo e a Institución Libre de Enseñanza.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Isaac Díaz Pardo, Ramón Villares, Ciencia...