Novos produtos reivindican a figura do Apalpador

Unha canción, un vídeo e dous tipos de bonecos teñen esta figura como protagonista

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A seguir a tendencia dos últimos anos, neste 2012 continúan a aparecer, aos poucos, produtos para as festas que teñen como protagonista o Apalpador. Deste xeito, o carboeiro que trae agasallos ten agora dous tipos de bonecos propios, uns realizados en tea por Rumboia Xoguetes e outros en labor de gancho que fai de xeito artesanal Carmen Carballo. Canda a isto, acaba de saír á luz un novo web no que os máis novos poden coñecer unha canción e un vídeo sobre esta figura do Nadal.

Ao tempo, desde a asociación compostelá A Gentalha do Pichel acaban de lanzar unha nova edición de postais protagonizadas polo personaxe e poñen á venda packs cos Licores do Apalpador para agasallar este Nadal. Pola súa banda, a Fundaçom Artábria acaba de publicar unha unidade didáctica para difundir o coñecemento a figura.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

(Re)inventar o Nadal

(Re)inventar o Nadal

Multiplícanse as propostas culturais que teñen o Apalpador como protagonista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Carballo, Gentalha do Pichel, Mosteiro de Carboeiro

Claves

Entidades
Conceptos