Hai tres anos, só uns poucos estudosos escoitaran falar do Apalpador. Hoxe, diferentes colectivos do noso país apostan por este personaxe da montaña lucense como unha alternativa teóricamente autóctona a Papá Noel ou os Reis Magos. Dentro deste proceso por xeralizar esta figura por todo o país, nestes meses está a se multiplicar a oferta cultural que ten este vello carboeiro como protagonista, especialmente na forma de libros e de webs asociadas.
Malia ás tentantivas de introducir o Apalpador por todo o país como figura que trae agasallos aos máis novos, estrictamente falando esta tradición está documentada unicamente na montaña oriental lucense, máis concretamente nas comarcas de Lóuzara, Courel ou o Cebreiro. Foi o investigador José André Lôpez Gonçâlez quen publicou en 2006, no Portal Galego da Língua, un artigo no que daba conta das testemuñas que recollera sobre este personaxe, que na última noite do ano visitaba os nenos e comprobaba se tiñan a barriga chea, deixándolles unhas castañas e desexándolles que non pasasen fame nos vindeiros doce meses. A recoller esta iniciativa, a asociación compostelá A Gentalha do Pichel foi pioneira o seguinte ano en reivindicar o Apalpador como personaxe autóctono para levarlle os agasallos de Nadal aos máis novos, editando un folleto para promover a estensión desta tradición. O pintor Leandro Lamas realizou entón unha primeira representación gráfica deste vello carboeiro que se supuña vivía nas devesas da montaña, pintándoo coma un vello barbado cun traxe gasto.
Tres libros, tres webs
Se ata o pasado ano unicamente existía o folleto no que A Gentalha do Pichel promovía esta figura, neste ano contamos nada menos que con tres contos ilustrados que teñen o apalpador como protagonista. Por unha banda, desde o Clube de Lectura Biblos lanzaron a súa propia versión do Apalpador. Desta volta, tanto os textos coma os debuxos da obra corren a cargo de Xoán González Otero, que presenta unha figura que se distancia no seu feitío do vello carboeiro e que o autor quere reivindicar fronte aos Reis Magos. A proposta conta co seu propio web asociado: Apalpador.com, no que se poden descargar mesmo etiquetas para pegar nos agasallos que traia o carboeiro ou modelos de cartas, e que propón incluso unha guía dramática para todos os interesados en lle dar vida ao personaxe ao longo do noso país. Desde Vigo chega, da man de Barafunda Editorial, Antón e o Apalpador. A obra está escrita por Mar Ameixeiras e Manuel Castro e conta con ilustracións de Francisco Ameixeiras, e narra a historia dun neno de cidade que viaxa ao Courel polo Nadal e alí entra en contacto con este vello. O libro conta con diferentes xogos e actividades para os máis novos, e dispón unha versión web dispoñible no dominio Apalpador.es. A estes libros sumouse recentemente o escrito por Lua Sende e Alexandre Miguens con debuxos de Leandro Lamas. Desta volta os protagonistas do conto son Inés e o cadelo Rulo, que percorren o bosque seguidos polos trasnos que axudan ao Apalpador na súa tarefa. Parte do traballo gráfico desta obra está tamén dispoñible no web Apalpador.net, canda a información sobre esta tradición segundo se conserva na montaña lucense.
Guía didáctica e outros recursos
Para alén destes webs con información e contidos relacionado con esta tradición, na rede tamén podemos atopar unha unidade didáctica centrada nesta cuestión. A Asociaçom Cultural Foucelhas, da comarca de Ordes, aposta por este formato para introducir esta figura nos centros de ensino. Non son os únicos. No Colexio de Aguiño desenvolveron neste último diferentes actividades con esta figura, incluíndo a edición dun calendario conmemorativo e a posta en escena desta lenda a cargo dos profesores do centro.
Programación
De calquera xeito, neste Nadal de 2009 foi o Concello de Santiago o que apostou con máis forza por implantar este personaxe no contorno urbán. Co lema Apalpando ilusións a concellalía de Cultura fixo do Apalpador protagonista da programación para os máis novos na capital galega. Canda a visitas deste vello aos centros socioculturais da cidade, inclúese nas propostas unha obra de títeres na que a compañía Cachirulo presenta o personaxe e o seu peculiar traballo. A seguir coa súa reivindicación, na mesma cidade A Gentalha do Pichel organiza unha velada de contos con este personaxe como protagonista, distribúe modelos de cartas para lle pedir agasallos e prepara tamén o seu propio pasarrúas. Desde o departamento de Normalización Lingüística da Coruña acordaron distribuír exemplares do conto de Xoán González, e un Apalpador visitará diferentes centros cívicos da cidade. Desde a Fundaçom Artábria, en Ferrol, tamén se preocupan de levar esta figura ás rúas cun desfile no que o Apalpador vai acompañado dun grupo de trasnos e música de gaitas. De xeito semellante, o Centro Social a Baiuca Vermelha de Ponteareas ou o Madia Leva de Lugo realizaron as súas propias representacións deste personaxe polas rúas. A figura está a chegar mesmo á publicidade, e Galicola e mais Dinahosting xa introduciron o personaxe nas súas campañas de Nadal.
Debates do Apalpador
A reivindicación do Apalpador (ou Pandigueiro, como tamén se lle coñece pola zona de Trives) non está exenta dun certo debate. Por unha banda hai voces, como xa ten denunciado El Correo Gallego que apuntan que a figura nunca estivo implantada na totalidade do noso territorio e que, polo mesmo, non ten sentido a incorporar ao imaxinario do Nadal do país. Pola outra, existen diferentes interpretacións sobre o aspecto deste ser mítico. Os diferentes centros sociais, a obra de teatro de Cachirulo ou os libros ilustrados por Francisco Ameixeiras e Leandro Lamas seguen a aposta estética coa que este pintor retratou orixinalmente o Apalpador, un vello barbado cun traxe cheo de remendos e unha chaqueta verde. Pola súa banda, Xoán González, sinalando que esta imaxe deturpa o personaxe e que non axuda a o difundir fronte aos Reis Magos, aposta por un ser totalmente cuberto pola barba. E no Concello da Coruña o Apalpador chegou vestido de vermello. Desde a Gentalha do Pichel xa realizaron un chamamento para conseguir unha certa uniformidade na representación deste mito. E é que conseguir unha imaxe estándar é unha cuestión de grande importancia para conseguir a súa implantación no Nadal galego. Nos vindeiros anos comprobaremos se a explosión de apalpadores desde 2009 continúa ou se, finalmente, son os Reis Magos e Papá Noel os que seguen a nos traer os agasallos.