
Natalia Outeiro ponse á fronte destes catro artistas que proban diferentes maneiras de caer. É un espectáculo non narrado no que catro personaxes excéntricos teñen don de “caer ben” e darse golpes sen mancarse. CaÃr é, segundo explica Óscar Páez tanto o nome da compañÃa do deste primeiro espectáculo . Del explica que foi un proceso longo de traballo “de reflexión de catro artistas arredor dunha mesa sobre a que despois cada un de nós transforma dun xeito diferente”. Logo dunha residencia artÃstica en Marsella, onde fixeron a primeira pre-estrea deste proxecto, e de participar en varios festivais de novo circo, fan a presentación oficial do espectáculo no Salón Teatro. “Despois o espectáculo estará parado catro meses porque tanto Ariñe Azkue como eu imos a Arxentina a desenvolver un proxecto de investigación cunha bolsa da Deputación da Coruña” explica Páez.
Ficha técnica
Idea orixinal, son e vestiario: CAIR
EscenografÃa: Jose Perozo – CAIR
Axudante de dirección: Jessy
Duración: 50 minutos
Xénero: novo circo; teatro xestual
Dirixido a todos os públicos
Ficha artÃstica
Intérpretes: Óscar Paez, Santiago Montero, Jano Costas, Ariñe Azkue e Natalia Outeiro