Novos autores de BD buscan o seu oco

Marcos Paz Navas publica un cómic dixital mentres un proxecto sobre Alexandre Bóveda busca mecenas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe da banda deseñada sobre Bóveda

Imaxe da banda deseñada sobre Bóveda

O galego Marcos Paz Navas acaba de iniciar a publicación en liña de Dos sin remedio unha serie para adultos na que conta con guión do italiano Simone Serasini. O primeiro capítulo que está dispoñible na rede, amosa unha historia de humor irreverente con grandes doses de sexo, que amosa ecos da serie televisiva Californication e baseada, segundo aseguran os autores, nas súas propias experiencias persoais.

A coincidir con isto, atopamos unha nova iniciativa de Crowdfunding para publicar BD no noso país. Carlos Sardiña e Pitusa Arias, en colaboración con Sonradiofusión chaman a colaborar para reunir 4.300 euros cos que editar o álbum Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza. A obra quere repasar a figura e o pensamento do galeguista asasinado e ten aberto o prazo para realizar achegas.

Pola súa banda, outra galega que recorrera a esta fórmula de financiamento, Idoia de Luxán, non conseguiu os 4.000 euros que buscaba na plataforma Verkami para publicar a súa BD Alleos.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Cómic, Guión, Humor...

Claves

Protagonistas