Nin bo, nin malo

Elefante elegante exhibe en Nuncabunga as dificultades de compartir

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“O que os pequenos ven é un espectáculo cómico no que hai moita acción, onde dous pallasos andan un detrás do outro e lle pasan cousas” asegura Gonzalo, integrante da compañía Elefante Elegante. Pero de fondo, planean ideais moito máis profundos, como a emigración, a necesidade de buscar un espazo propio cando chegas a un lugar que non é o teu. Nuncabunga é o espectáculo que Elefante Elegante leva case un ano representando con gran éxito de público. “O que máis nos chama a atención é que os nenos están afeitos a ser maniqueos, e distinguir o bo e o malo, e aquí se atopan con que as personaxes teñen un comportamento a veces bo e a veces malo” asume Gonzalo. E todo isto, sen dicir unha soa palabra.

A historia transcorre nun contexto marítimo preto do mar que, comeza a botar cousas fóra. Entre elas, unha persoa. “Esa persoa cuspida polo mar chega a un espazo que está habitado, e xorden os conflictos entre eles que buscan se é posible compartir un espazo ou non” explica Gonzalo para falar dunha temática como a da convivencia e da emigración como telón de fondo.

A proposta sigue fiel á liña estética de Elefante Elegante cun universo plástico moi definido. Cun espectáculo de 45 minutos, onde a música ten un protagonismo moi especial que foi composta “a distancia”. Desde a compañía explican que o músico, Mano Panforreteiro, ía mandando desde o Reino Unido diferentes midis e partirturas para os músicos, ata que todo estivo listo e chegou a Galicia para gravar a música. Unha forma colaborativa de traballar desta compañía gallegoportuguesa que ten nove espectáculos no seu repertorio.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Iliria

Iliria

Elefante Elegante regresa a Santiago coa súa versión de Noite de Reis

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elefante Elegante, Espectáculo, Reino Unido

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares