Diana Varela faise co Premio Estornela

O xurado escolleu por unanimidade a obra Arlequino Viceversa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Arlequino Viceversa é o título da obra coa que Diana Varela Puñal se impuxo na sétima edición do Premio Estornela de Teatro para nenos. O xurado do certame tomou a súa decisión por unanimidade, recoñecendo "o ben logrado movemento escénico, a amenidade da trama, o léxico rico e asequible, a alusión á cultura popular, a cordial relación interxeracional e a transmisión de valores humanos integrada no seo da familia, así como a relación cordial entre nenos e nenas" presentes no texto. Asimesmo, acordou concederlle mencións de honra ás obras A fraga das árbores das palabras, de Carlos Labraña e a O corazón do bosque, de Lino Braxe.

A entrega do galardón, dotado con 600 euros, celebrarase o vindeiro 16 de decembro ás 17 horas na sede da Fundación Neira Vilas, que convoca en premio, en Gres.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Labraña, Lino Braxe, Carlos Labraña, Teatro...