Diana Varela Puñal faise co Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O xurado recoñece a obra A conxura cos mil euros deste galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Diana Varela Puña. Fonte: AELG. Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014)

Diana Varela Puña. Fonte: AELG. Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014)

O V Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta foi para Diana Varela Puñal. O xurado deste galardón seleccionou a súa novela A conxura entre as quince que se presentaron ao galardón. No fallo, sinálase que a obra "constrúe un universo narrativo que se move axilmente entre o imaxinativo e o fantástico, habitado por personaxes hipnóticos e fascinantes, con descricións luminosas e unha estrutura feita a base de anacos narrativos que, malia a súa certa autonomía, logran enfiar con solvencia o inicio e o final". Ao ver deste comité "a trama resólvese, ademais, dun xeito maxistral, unindo aquí aos variados recursos literarios empregados outros procedentes dos eidos da música ou do cinema".

O galardón, que recoñece obras en lingua galega e destinadas a un público infantil e xuvenil conta cunha dotación de 1.000 euros en metálico e a publicación da obra. Varela Puñal obtivera previamente o Premio de Poesía Díaz Jácome por Afirmación en nove contos e o Premio de Poesía Uxío Novoneyra polo poemario Fíos. Tamén fora galardoada no 2012 co Premio Estornela de Teatro por Arlequino Viceversa.

O xurado estivo formado polos membros do membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán e Juan Andrés Fernández, e mais polo crítico Armando Requeixo. A entrega do premio desenvolverase o vindeiro 3 de novembro no Auditorio Municipal de Vila de Cruces.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Cine, Poesía, Uxío Novoneyra...