GALIX elixe a Francisco Castro como novo presidente

Carlos Labraña fíxose co premio Estornela de Teatro para nenos da Fundación Neira Vilas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor Francisco Castro substitúe a Manuel Figueiras como presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. A asemblea que a entidade celebrou esta fin de semana elixiu tamén a Ánxela Gracián como vicepresidenta primeira, a Montse Pena como secretaria e a Ledicia Costas para o cargo de tesoureira. A seguir coa literatura para os máis novos, esta fin de semana coñeceuse o fallo do VI Premio Estornela de Teatro para Nenos/as. Carlos Labraña fíxose co galardón cun texto que comprende tres representacións, Á procura das andavías xigantes, Os xoguetes esquecidos e Voa, voa, papaventos. O xurado valorou o xeito "atractivo e humorístico" con que o autor amosa fragmentos da realidade diaria do mundo infantil.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Castro, Carlos Labraña, Carlos Labraña, Teatro...