Manuel Lourenzo gaña o premio Estornela e Lucía Novas o Faustino Rey

Literatura de premio

Estes días a literatura galega reparte os seus premios. Se o sábado a Fundación Neira Vilas facía público que Manuel Lourenzo gañaba o premio Estornela de teatro infantil, Lucía Novas recibía o premio de poesía Faustino Rey en Rianxo. Mentres Carlos Penela recibiu este domingo o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.







Estornela



Manuel Lourenzo foi o gañador do premio Estonela, dotado con 250.000 pesetas. A súa obra "A música da noite" resultou galardoada entre as 56 presentada e será publicada por Edicións do Castro. Era a primeira vez que a Fundación Neira Vilas convocaba un premio destas características. O certame Estornela xurdeu co compromiso de estimular a creación teatral e proporcionar obras que poidan ser representadas por nenos.












Faustino Rey


"A flor lirolai" é a obra coa que Lucía Novas recibeu un Rianxo o premio do certame de poesía Faustino Rey. Ademais, o ferrolano Marcelino Sisto, e Baldo Ramos acadaron unha mención especial con "Zaloma do pescador" e "As follas da memoria" respectivamente.





Lorenzo Baleirón



Ademais, Carlos Vigués acadou por "Acaso o inverno" ao permio de poesía Lorenzo Baleirón. Certame que honra ó poeta e profesor galego natural da parroquia de Manselle. O galardón, que chegou este ano á súa XIII edición, está dotado con 375.000 pesetas.