Unha mostra volve a unir a Lugo e a Polonia por segunda vez nun ano

Lu-po

Logo da semana cultural realizada en Lugo no outono pasado, a capital lucense viveu onte un día de achegamento á cultura polaca. E fíxoo a través dunha exposición sobre cultura popular da rexión de Mazovia. Un feito que servirá de inicio para futuras relacións culturais entre ámbalas dúas rexións.


Mostra polaca




Os traxes folclóricos de Mazovia, de diferentes épocas do século XX, cadros coloristas elaborados en papel, cerámica, retais de tea e tallas dos séculos XIX e XX da Nosa Señora de Skepe, de Czestrochwa ou da Sagrada Familia son algúns dos exemplos que dende onte se poden apreciar no museo lucense. Unha exposición que servíu de prólogo nunha tarde na que se celebraron diferentes conferencias e unha degustación de comida típica. Unha tarde polaca na capital lucense na que estivo a representación deste país en Lugo,o embaixador de Polonia en España, Jerzy M. Nowak, o director do Museo Etnográfico Estatal de Varsovia, Jan Witold Suliga, o presidente da Deputación Francisco Cacharro Pardo, e a xerente do Museo, Encarna Lago.












Encontro pasado e os futuros




Pola súa banda, este encontro vén a servir de continuación da semana cultural de Polonia en Lugo realizada o outono pasado, con motivo de levar outras capitalidades culturais europeas a cidades galegas diferentes de Compostela. Polo demais, a xuntanza de onte tivo como telón de fondo o futuro acordo que está subscrito e que levará a polonia unha mostra do Museo lucense sobre cultura galega este agosto ou setembro.