Un acto irmandará a cidade de Lugo coa chinesa na que se empezou a construír a gran muralla

Unidos pola muralla

21/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Que teñen en común Lugo e Qinhuangdao? Pois que ambas cidades contan cunha muralla. Un criterio que, unido ao feito de que este ano se celebra o ano de España en China, motivou que o vindeiro 6 de outubro se produza un acto de irmandamento entre ambas localidades. As actividades conmemorativas incluirán actos simbólicos como a cobertura dunha parte da muralla lucense cun pano vermello, símbolo para o pobo chinés da boa sorte. Este irmandamento das dúas fortificacións pretende servir para estreitar lazos entre os pobos lucense e chinés.

Máis información no web do Concello de Lugo

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Concello de Lugo

Claves

Entidades
Lugares