A TVG amplía a oferta de subtitulado de producións audiovisuais

Series, filmes e documentais inclúense neste proxecto que leva en marcha ao longo do ano

11/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Comezaron con Casamos! a opción de poder visionar as emisións da cadea na TDT con subtítulos en galego. Agora, despois dunha fase de probas, a Televisión de Galicia incrementa a oferta de programas subtitulados nas súas dúas canles a través da TDT. As series Hamburgo 112 (de luns a venres), Libro de familia (os domingos) , Grandes lugares, Donde vai a xente (os sábados) e os documentais de National Geographic (sábados). A oferta inclúe tamén a serie de animación One Piece, dentro do espazo do Xabarín Club (TG2). A cadea informa tamén que se irán incorporando longametraxes a este proxecto, que se insire dentro do Plan de Acción Integral para as persoas con Discapacidade de Galicia 2012-2013.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, TDT, TVG, Xabarín Club...